miércoles, 14 de octubre de 2009

Soños e sucesos


Esa mañá a ledicia embargouno. Fixera anos que non conseguía recordar un soño ao despertares. E iso era o mesmo que non soñar. Qué é un home sen soños? Valeiro. Soñar é vivir.

Sentíase ben. O sorriso perenne que amosaba o espello era una boa proba do seu estado interno: felicidade.

Como ía enfrontar a nova situación? Soñara! Conseguírao! Iso xa non podería roubarllo ninguén. Se o volvía facer igual, soñaría?

De súpeto decatouse do traballo que tiña por díante. Púxose a roupa de faena, colleu a lixivia e os demais produtos de limpeza e comezou o traballo. Tiña o costume de escoitar música na casa, e para a ocasión escolleu a súa ópera de cabeceira, o marabilloso Don Giovanni. Gustáballe imaxinarse altivo perante o Comendador, disposto a morrer ao seu xeito, cun xesto de grandiosidade, a matar polo seu gusto, axeno á sociedade. Cando estaba a piques de rematar a faena ouvíu, nun momento no que a música baixou o tempo e o tono, que chamaban á porta…



Efe. Agencias.
EL MERODEADOR ABATIDO POR LA POLICÍA
DOS AGENTES HERIDOS EN EL TIROTEO
Vigo.
Un hombre de 45 años de edad, que responde a las iniciales J.P.P., ha sido abatido en su domicilio por agentes del Cuerpo de Asalto de la Policía Nacional. La citada unidad de intervención se vio obligada a utilizar métodos letales ante la violencia con la que fueron recibidos por el agresor, quién disparó repetidas veces a través de la puerta con un arma de gran calibre, hiriendo a dos agentes que se encuentran ingresados en centros hospitalarios de la ciudad, con pronóstico reservado.
A falta de los resultados de las pruebas forenses pertinentes, fuentes policiales han confirmado que los parques de la ciudad vuelven a ser seguros. Todos los indicios apuntan a que el hombre abatido era el asesino conocido como el merodeador. Parece que en el domicilio se han encontrado objetos y restos biológicos de las cinco víctimas del merodeador, y que la ciudad puede de nuevo salir a la calle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario